II Certame Nacional de Regueifeiros (2ª parte, 11-5-1996, Vigo)

  • 🎬 Video
  • ℹ️ Published 4 years ago
preview_player
UCkPqmemQMeqQeBfdBusAiWA

Evento organizado novamente polas Asociacións Culturais: AC o Facho da Coruña e o CVC Valadares de Vigo. Presenta o arqueólogo Antón Malde.

Despois do erro do 1º ano, decidiuse deixar de lado o concurso e realizar unha mostra non competitiva que tamén tivo lugar en Vigo e na Coruña na que foron convidados, aparte dos Regueifeiros Galegos, uns dos mellores Cantores ao Desafío que existen en
Portugal (onde a tradición se manten cun vigor impresionante).

Eles foron Delfín e Marinho, que practican un canto moi melódico e musical acompañado co ritmo dunha concertina).

Por outra banda, neste ano cabe mencionar a presentación do evento por parte dun rapaz pementeiro da comarca de Padrón, máis coñecido por Pinto d´Herbón, e que sería posteriormente un dos habituais nas edicións vindeiras do Certame.

En canto aos regueifeiros, este ano volveron Costa e Calviño, a parella máis afamada nestes últimos anos do século XX.

Tamén hai que destacar a aparición, por primeira vez no certame, de cantadoras, xa que abriron o evento as "Cantoras de Cariño".

Gozade deste vídeo e Medre a regueifa!