UCWqBNlKBZAZNZeUU6qWJE1g
O domingo de entroido, no pobo de Laza, Ourense, os Peliqueiros actualizan cada ano o rito da "estrea do peliqueiro". Visten o traxe por vez primeira nese ano e percorren o camiño cerimonial e inveterado pola praza da Picota.
Nese intre someten ó escrutinio dos veciños a calidade do porte e bo facer de cada un dos intérpretes enmascarados. Non é pois, un intre lúdico, é un intre para o respecto e a responsabilidade. Postúlanse cos seus silandeiros acenos, imperceptibles para os non iniciados, como garantes da Tradición e dignos continuadores da misión simbólica que gravita sobre eles cada ciclo anual.