Dios Ke Te Crew | OG | feat. Boyanka Kostova

  • 🎬 Video
  • ℹ️ Published 12 months ago
preview_player
UCzgRicuZRXbcR27sdMv4-EA

DIOS KE TE CREW ft. BOYANKA KOSTOVA - "OG" (Videoclip)
"OG" é o primeiro video-sinxelo de adianto do vindeiro EP de Dios Ke Te Crew.

___________________________________________

CRÉDITOS Música:
Música: Mou
Letras e voces: Dios Ke Te Crew & Boyanka Kostova
Scratches: Padre Murdock
Gravado e mesturado por Mou en Rapapoulo Estudios, Ordes.
Mastering: Cem Oral ( Jamming Masters Studios, Berlín.)
DKTC SONS ©

CRÉDITOS Vídeo:
Dirección: Xaime Miranda
DoP: Iago Vilarinho
1st AC: Daniel Rodríguez
Maquillaxe e perruquería: Iria Parras
Vestiario: Alejandra Martín
Xoias: Jhamiluv
Dirección de Arte: Manuel Miranda
Edición e cor: Xaime Miranda

Coa aparición especial de Daripovich Overmans e Nuno Amore, e a colaboración de Hotel Nogallás, Ordes, e Kaméleon Vintage, Santiago de Compostela.

___________________________________________

LETRA V/ORIXINAL:

Son un OG...
Orixinal Galego...
Son un OG...
Orixinal Galego...

SONNY SOCRETT:
Son máis galego que o feísmo,
atrévome a dicir que ata máis que o caciquismo,
non te achegues por aquí se non queres ver muralismo
porque son un OG..., avant garde dos que inventan ismos.

“OGismo”, este tema é o manifesto,
un emblema para que poida seguir o resto,
un sistema superchovinista, crema
para que untes nesa autoestima tan enferma.

IVAYLO:
Son máis galego que un cego de licor café,
que ir a misa un domingo e ao saír ir a beber,
máis galego que o “Xénese” de DKTC,
que o fondo azul cas gaivotas do PP.

OG como un patrón con boina e con bastón
que a túa avoa con gorro pesqueiro e mandilón
andando como Fraga con paso vacilón,
se ves falando castrapo, os OG´s din, “así non”.

XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA:
Chegan os OG´s, denominación de orixe
como a fariña do país, chegan os Big Pimps,
coma patróns, facendo lowrider en chimpíns,
matando peregríns con chanclas e calcetíns.

Orixinal galaicos, coma movendo os marcos,
releando na feira, niso nunca fomos mancos...
Din que non se sabe se subimos ou baixamos,
perfecto, como nos gusta facervos parvos.

JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA:
Son máis galego que un polvo nunha palleira,
ou que un polbo á feira sobre un prato de madeira,
ou que unha bañeira nunha leira de bebedoiro,
ou que ter morriña primeiro e logo xenreira...

Son tan galego que se subo, subo para arriba,
se non hai fallo baixo abaixo máis ancho que un rancho;
a cooperativa OG non ten despacho, temos sede...
sede de beber nalgún furancho.

OG...
Orixinal Galego...
Son OG...
Orixinal Galego...

ROMAN CICIĈ:
Son un OG...
De Ordes a Santiago cheira a Dios o que lle botas ao piti...
Da igrexa ao ximnasio vou pensando en botarche un quiqui...
Se nos xuntamos pasan cousas que non pasan porque son un OG...
Un OG...

IVAYLO:
Calidade no sangue e na carne como a tenreira,
os OG´s están na taberna co licor de herbas,
vella escola, botando esterco e pisando bosta,
nova escola, crense gangstas e son de Santa Comba.

Orixinal galego como os guiris en Santiago,
como ir limpar o monte ao teu terreo privado,
rimando con frases célebres e memorables
como M. Rajoy no Congreso dos Diputados.

SONNY SOCRETT:
Máis galego que un somier exercendo de cancela...
OG, ti gasta as pelas no Leroy Merlín;
máis galego que a diglosia, esa mesma
pola que te mereces con creces esta boa hostia...

Máis que un ultramarinos-café bar
ferretería-concesionario no mesmo pack
e máis, que o Miño que o Sil, que o Sar e que o Cabrón,
máis que Murdock, Jamas, Cibrán, Chicho e o Mourón...

XABIER “CAN DE PALLEIRO” MOUBIÑA:
Máis galego que a Operación Nécora,
máis que o mal de ollo, non me mires, mala pécora,
typical galician como o lacón con grelos,
colgados e afumados, recheos coma botelos.

Vai por ghocevellos, ti oes visións...
Máximo expoñente como o bocadillo de rixóns,
OG´s como o Albariño, o Godello, o Ribeiro,
pura sangue da filloa, son puro can de palleiro.

JAMIRO “MOLLADAS” DE SANTA:
Orixinal, sen data de caducidade,
dálle reprís, Sebastián, lárgalle bits sen piedade,
os OG´s rimamos inda que ninguén escoite,
disque os vagalumes brillamos na noite...

Costumes; como facer dun galpón un casoplón
en ben menos do que tarda en cantar un galo,
só pura sorte? Estás equivocado,
se a brúxula sinala o Norte será por algo...

OG...
Orixinal Galego...
Son un OG...
Orixinal Galego...

••••••••••


💬 Comments
Author

Obrigadoooos familia!! OG recoñece OG!!

Author — ADIOSKETECREW

Author

Creo que es la primera vez que escucho rap en gallego, o por lo menos no lo recuerdo, la cuestión es que a pesar de no entender casi nada suena muy bien con este pedazo de Beat. 🔥🔥🔥💪❤

Author — ELMAIN71

Author

Muy similar ao português! Bom som!! 👏🏽👏🏽👏🏽

Author — Danilo Lima

Author

Máis galego que traer os ovos do ghaliñeiro no mandil! Grandes

Author — Manuel Martínez Fernández

Author

"Non hai despacho, temos sede de beber nalgun furancho"

Temardo mais galego que ser amigo dun narco. Parabens!

Author — Mario

Author

Guapísimo, superando todas as espectativas!!
Canela en rama

Author — Juan Costas Pescasub

Author

Accion Sanchez ha dicho que sois unos de los mejores grupos de hip hop español, he venido a decir que es verdad

Author — Alejandro Sánchez

Author

Se a brúxula sinala o norte será por algo 🔝*mic drop* 🎤

Author — Carlota Reboeiras

Author

this fire love the song! have you ever heard about sessions live? you would be great in there!!

Author — Alisson magaña Artist curator

Author

Non podo deixar de escuitala, menudo flow!!

Author — Bruno Dutto Acuña

Author

Vaia puto temazo irmaos, representa mil, a min e a moitos da terra, saude!😉💋❤️🔥

Author — sarek334

Author

You are at the top! Extraordinary level you'll be a great addition to Sessions!

Author — Angel palacios

Author

Son mais galego que un polvo nunha palleira.. que o polvo a feira sobre un plato de madeira. 🔝

Author — O πRΔTΔ SANTIMACEDA

Author

Vaya pinta bomba señores... Durísimo carallo 🤘🏼🤘🏼🤘🏼🤘🏼

Author — DEIN OFICIAL

Author

Xa é un clásico e saio o pasado día 20 🤩
Alguén da mais? 😁

Author — alex gadi

Author

Que locura de canción, escoiteina un pouco tarde pero paréceme un temazo!!! 👏👏

Author — Xaquín Herva Gómez

Author

TIÑA QUE SER EN ANO SANTO. GRAZAS DEUS.

Author — Roi Darrieux

Author

Temasoooo!!! Poden poñelo de 2° himno!!

Author — suizo089

Author

Que bonito ver a Dios Ke Te Krew again arriba 😌

Author — SOTUI

Author

Que tema!! Boísima, o mellor de todo o ano ⚔️⚔️⚔️

Author — Alejandro Fidalgo