Dios ke te crew - Deitado frente ao mar

  • 🎬 Video
  • ℹ️ Description
preview_player
UCZRnrBIrcNa5hSPzcm-hdpw

Poema de Celso Emilio Ferreiro interpretado por Dios ke te crew

Letra:
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta,
porque me peta e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Como é?

Eu non quero arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...
deitada rente ao mar, como é?
É Celso Emilio Ferreiro
e Garcia MC

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque quero, porque me gosta,
porque me peta;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre, sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta,
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os baleiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non quero arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.


💬 Comments
Author

muy bueno, viva el rap gallego.
saludos des de catalunya = D

Author — inofen

Author

García Mc (Dios Ke Te Crew) - Deitado frente ao mar

Foi publicado como tema inédito na Fotobiografía Sonora sobre Celso Emilio Ferreiro en 2008 por Ouvirmos.

A producción musical foi de Mou tamén do Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew.

Un saúdo e mil gracias pola difusión!

YT: GarciaMc
FB: GarciaRapMc

Author — García Mc

Author

Alguen pode pasarme a base?A necesito pra cantala nun festival de instituto mañá.Axuda por favor!

Author — Roberto Sedes

Author

bua
e eu tiven a sorte de escoitala en directo
a dous metros....puto crack Garcia MC

Author — AlbertoMGZ

Author

Ponseme a pel de galiña ao escoitar esta canción, o poema é precioso, e escoitalo con esa base de fondo é un extasis.

Un aperta forte e felicidades polo voso traballo

Author — Brais Comesaña Gonzalez

Author

Me la pusieron en clase 😂 para completar palabras q faltaban

Author — Pedro Martínez Fernández

Author

non podíades escollelo mellor :) Boa :D

Author — lusimsx

Author

me encanta!
Non falo moito galego pero esta cancion é xenial!
Nos la pusieron en clase de gallego y esta genial!

Author — LarawapaSandra

Author

@davidnintendo Jajaja y tanto meu, hace 2 años y aun vas por la mitad xDD gracias por el video ^^

Author — Traspido

Author

Fabuloso poema de celso emilio, preciosa base, un tema xenial. É un dos meus preferidos de Dios que te crew

Author — SietchGaliza

Author

Unha historia moi boa :) me sae de dentro

Author — Xoan Pajaro

Author

boisima cancion e espectacular poema de Celso Emilio Ferreiro. Un boa forma de escoitar poesía. O poema non menosprecia outras lingua hai que lelo con calma, ten un significado máis profundo. DKTC grandes¡¡¡

Author — miguelanxo

Author

isto si que é unha canción e non o rap en castelan galicia por sempre

Author — Alex Rey Álvarez

Author

creo q nn te enteraches para nada do conto..xdddd ..é que os galegos sabemos o que é a sorna..será iso.xddd

Author — adrianinhaGz

Author

O de ser galegos hay que sentilo e facelo ver dia a dia...cos solo con palabras de taberna....un saudo!

Author — vitinio80

Author

Sabedes donde se pode descarregar? O link de megaupload nom vai!
Imposibel umha adaptazom melhor. Puxerom o listom moi alto! Parabens

Author — MalDizer

Author

Sobre a lingua galega aquí tes o estudo sociolinguistico do ano 2010

Author — BorxaGz

Author

boísima. Celso Emilio Ferreiro é um dos principais piares da cultura galega. VIVA A LÍNGUA GALEGA !!

Author — BorxaGz

Author

aber cndo volve dios ke te crew por carballiño.sodes os mellores

Author — Juan Guerra Vázquez

Author

Cando un novo disco de dktc falando do panorama no que vivimos?separaronse ou que?porque co q hai agora.da para facer mil temas

Author — 3diabolos