DIOS KE TE CREW - Melancolía ( VIDEOCLIP)

  • 🎬 Video
  • ℹ️ Description
preview_player
UCzgRicuZRXbcR27sdMv4-EA

DIOS KE TE CREW - "MELANCOLÍA" (Videoclilp)
"Melancolía" é o segundo video-sinxelo de adianto de "O Ciclo da Serpe", o vindeiro Lp de Dios Ke Te Crew.

Aqui ENTRADAS para a Presentación Oficial de " O Ciclo da Serpe" / 11 Maio / Compostela:

Axudante de Produción: Maite Señoráns
VFX: Antón Miranda

Letras/Voces: Sokram, Jamas e Møu.
Beat: Møu
Scratches: Dj Murdock.
Pianos: Inés MIrás "Sinesita"

Producido e gravado por Dios Ke Te Crew en Rapapoulo Estudio.
Mesturado e masterizado en Rapapoulo Estudio por Møu
----------------------------------------------------------------------------------------------
Síguenos en:
----------------------------------------------------------------------------------------------
Booking:
CUNDE
Tlf: (+34) 981-563-764
----------------------------------------------------------------------------------------------
LETRA: (V. Galego)

"Creo que a conciencia humana é un tráxico erro da evolución. Volvémonos demasiado conscientes de nós mesmos. A natureza creou un aspecto da natureza afastado de si mesma, unha criatura que non debera existir, segundo as leis naturais.
Pero iso soa..."
-----
Sokram:
E faille caso a Mathew, somos un erro
na evolución deste penedo polo universo.
Estate tranqui ti que xa virá o pedrusco
a estamparse contra nós e a rematar o asunto.

Toma! Tomaches polo cú.
humano egocéntrico, non eras tanta crew...
Fin da historia, fin da memoria,
ombligo do mundo, quedácheste sen mundo.

Mudo....
Apunta esta fobia:
Un medo profundo cara un fin absoluto.
Melancolía. E non é unha teoría.
Tarde ou cedo pasará e non haberá escapatoria...

Medo...
Non hai medo máis certo que a morte dun mesmo,
a morte da especie...
Borrados do universo e fin do contexto.
Borrados do universo e fin do contexto.

----

"Poderíaseme considerar un realista, pero en termos filosóficos son o que se chama un pesimista.
Ah, vale... E que significa iso?
Que son malo nas festas..."

----

Jamas:
Quen es? De onde ves? A onde vas?
Son tres as preguntas que te fas,
se tes algo para merendar, se non nada...
As dúbidas mellor ca panza saciada.

Vimos dun polvo e polvo seremos,
fugaces hóspedes no hostal do cosmos.
Será mellor crer en anxos e demos,
nos Santos..., ou nas arrugas dos meus huevos?

É o de menos, xa sabes do que falo,
o que importa disque é ter algo onde agarrarnos.
Distintas eras, mesmas cuestións,
segue sen haber maneira de esquivar a extinción.

Un cuesco solar fai de nós un churrasco,
terremotos, tsunamis, un bo chuvasco,
meteoritos, volcáns, Donald Trumps...
O capital detonará a destrución total.

----
A Terra é cruel. Non debemos chorar por ela. Ninguén a botaría de menos...
----
Møu:
Viaxamos á deriva nesta espiral de misantropía,
utopía da evolución,
miopía de sociedade, involución,
sabedoría da deusa da destrución.

A vida ven sentenciada a morte
e nós buscando o norte camiñando cara o sur.
Di abur a este tour polo cosmos.
Foron en balde os esforzos
de seguir os pasos nesta danza polos astros.

Seguir o rastro do basto universo
dende o inmenso do castro.
Somos o erro do sistema, códigos errados,
escollos do camiño, estorbos acumulados.

Mellor viaxar a través de gargantúa,
buscar outro sistema, outro sol, outra lúa,
outras dimensións..., na procura
de atopar unha cura para esta loucura.

💬 Comments
Author

Mais um tema do caralho. Abraço de Lisboa

Author — Pedro Tavares

Author

Pelos de punta!!!! Tremendo beat!!! Dios que te crew, viva a nai que vos pariu!!

Author — Sergio Calvar Míguez

Author

TREMENDO! Dios ke te crew está na casa xente!!

Author — Hip Hop em Galego

Author

Gústame a canción (lírica e instrumentalmente), gústame a mensaxe e gústame o vídeo. Creo que o videoclip destaca sobre o demais; aumenta o nivel un chisco se cabe sobre o que vin vendo na evolución do rap da Galiza. Dá a sensación de que estás a ver unha curtametraxe. Bravo!

Author — Xosé Marcelo Romeu Herbón

Author

Que ben pinta este disco, a DiosKeTeCrew non decepciona

Author — RapSolo

Author

Brutal! gravachedes na antiga cetarea de Rinlo non si? noraboa, o disco ten unha pinta bestial!

Author — Salva Moreira

Author

Este beat é outro nivel! Reconforta escoitar grupos en galego que non fagan tòdolos temas iguais! E iso que hai poucos! Grandes

Author — Mou Moudafaka

Author

Encantame o tema! mas non comprendo que cantedes en galego e poñades a letra en castelán...

Author — J. Teijeiro